A mañá foi de repouso en casa lendo a noveliña nova ata a hora na que debía ir buscar a Giuseppe para ir á escola “Salomón de la Selva”.
A viaxe na bici é unha aventura, xa volo contei, atravesas a cidade e despois de pasar a ponte que hai un pouco despois do mercado comezas a subir unha rúa semi asfaltada para despois ter que tomar á esquerda onde todo o camiño pasa a ser de terra, con moitísimos baches, pedras e máis pedras; e vas pasando por entre as casiñas de tablóns de madeira e de pranchas de cinc, cruzándote cos cans, os nenos, as bicis… e pouco a pouco un se vai adentrando na zona rural onde algunha casa xa ten un pouco gando, vacas cunha papada enorme que baila ó elas moverse, algún porco, cabras… pero son granxiñas moi pobres, onte parámonos diante dunha que tiñan bastanes vacas pero a casiña era un pendelliño de madeira, pequeno pequeno, onde vive toda a familia.
E como chovera o día anterior había bastante lodo, sobre todo nalgunhas zonas onde se formaban graaandes charcos e para pasar eu preferín bordealos e apoiarme na bici, que metía polo medio da auga; o barro era resbaladizo e as botas acabaron completamente enlamadas. Pero todo isto fai o camiño máis interesante que ir en bus e chegar á escola directo, claro que tamén é moito máis cansado porque polo menos dende a miña casa é un traxecto de media hora ata a escoliña.
Xa alí, asignáronme a dúas neniñas de 1º grao, Ruth e Marta Elena, teñen 6 ou 7 anos e son tan pequenas e tan lindas… Estivemos repasando as vocais, as sílabas coa b, v e r… Marta vai máis atrás ca Ruth e precisa máis traballo de reforzo. Non deixan de sorrir, sobre todo Ruth, basta con que a mires para que bote unha risotada. Xa farei fotos a semana que vén para que as coñezades.
Durante o receso coñecín a unha nena de preescolar á que lle pedín que me ensinara a súa aula, un galpón de madeira que hai nun lateral da finca e que está cheo de moscas, é que xusto ó lado hai unha granxa.
Eran uns 5 nenos os de preescolar e despois de coñecelos propúxenlles cantar unha canción e acabamos cantando 5 ou 6. Estaban sentados ó meu arredor e pedían máis e máis. Vendo a súa ilusión propúxenlle á profesora se quería que cando eu fose alí lle botara unha man ensinándolles cancións que quizais a ela despois lle poderían servir para a clase e aceptou. Será un pracer para min. Tamén vos ensinarei fotos a semana que vén.
As 5 voltamos Giuseppe, o profesor José, Josué (de Ritmo en los Barrios) e mais eu para Granada. Chegamos xa anoitecendo e prontísimo se fixo escuro. Aquí os solpores non duran case nada, son moi rápidos, en torno ás 5.30 comeza a caer a luz e pouco despois xa é noite pecha.
Pasei polo hostal do francés mercar brioches pero non tiñan ata hoxe.
Ó chegar á casa pegueime unha boa ducha e a roupa non estaba tan manchada coma podería estalo despois da travesía, sí as miñas botas, esas sí que metían medo. Deixeinas fóra.
Ía ir con Celina cear “quesadillas” a un local na rúa de bares e cafeterías principal de Granada, La Calzada, bastante recente por certo a apertura de todos eses locais, ten uns 5 anos e son máis ben para turistas. E seica en La Hacienda é onde a súa amiga fai ese prato riquísimo; pero Celina chegou máis tarde do que pensaba e cambiamos os plans, suxeríu ir mercar unhas “repochetas” e unhas “papas” e qué rica a “repocheta”: a base de “tortilla”, (como unha folla de pan que estala ó mordela), frijoles “machucados” ou aplastados facendo unha masa sobre a que despois vai queixo de crema e finalmente ensalada de repolo. Huuuummm, boísimo!

No hay comentarios:
Publicar un comentario