Martes, así que tocaba escoliña “Juan Diego”. Quelo, moi valente, subíu en bicicleta todo o camiño; para min é demasiado así que fun en bus, coa bici no tellado do bus ata o enganche do camiño.
Cheguei antes ca el. Madia leva.
Cando ía na bici cara a parada do bus pasei ó carón dunha zona onde aparcan camións e puiden ver algúns camioneiros deitados en hamacas que colgaban dos baixos do camión.
Os martes son un día duro, de 7 a 12 Quelo pasa por tódolos graos da escola, onde sí hai ata 5º (creo que o outro día escribira que ata 3º tan só). Todo sen descanso; e tocando madrugar tanto como madrugamos (eu erguinme ás 5.30) e co calor… a iso das 11 eu xa non podía máis e iso que non din as clases enteiras, Quelo comezaba cada sesión e deixábame o final para min para facer algunha actividade; dependendo do curso fixen máis ou menos, cancións, xogos rítmicos e de movemento que parece lles gustaron. Hai unha canción que aprendín do famoso “CantaJuego” que é o “Chuchuwuá”, unha canción para facer en formación de trenecito na que vas mandando ós nenos usar diferentes partes do corpo sucesivamente: brazos extendidos, puño pechado, cabeza cara atrás, culete cara atrás… e aí cometín sen querer ó parecer unha vulgaridade, oops! Resulta que Quelo me dixo que dicir “culete” é feo… seica eles empregan normalmente “nalgas”.
Os mellores momentos foron varios, encantoume a clase con 1º grao, son tantos… pero moi atentos e participativos; os de 3º quedaron tan caladiños cando me despedín cantándolles á guitarra o “Xan de Outeiro” (do disco PeloGato24, moi recomendable), explicáralles antes que onde eu veño falan un idioma diferente, semellante ó portugués, e como a canción fala de animais funlles preguntando estrofa a estrofa qué animais crían eles que eran os nomeados e acertáronos todos! O boi, o galo, a ovella… Mesmo me pediron ó final que llela cantara toda seguidiña, sen parar. Foi un gustazo.
E derretinme cos “piquiniños” de preescolar…uns 8 cativiños que non vexades cómo cantan o “Volando Voy” que Quelo lles ensinou (sí, sí, a de Camarón, toda a escola a coñece, jeje).
Cheguei morta a casa.
De volta parei nunha panadería preto do cemiterio que se chama “El Esfuerzo” e teñen moi bo pan (aquí “pan” chámanllo a algo parecido ó pan de molde branco pero con formas diferentes como pequenos cadrados) e doces. Levei para casa unha bolsa boa por 20 córdobas e encantoulles, a Luísa díxome que era moi bo.
Despois de comer baixei ó centro con tempo para ir ó supermercado e xusto comezaba a chover e cando aquí comeza a chover, bueno, xa sabedes, pouco despois arrecia. E pilloume a tromba bastante máis ca onte! Cheguei á clase das 4.30 co grupo de “Calli-Tanday” coma un pitiño remollado…
Hoxe había tres nenas máis e faltaba Yamilé, a máis pequeniña de todos. Gustoume moito a clase e creo que a eles tamén. Teñen moita curiosidade por todo o que lles propoño, sobretodo sorprendeulles a gota de auga que se fai coa boca e todos están desexando conseguila. Pero é que incluso estiveron practicando cousiñas dende onte ata hoxe! É xenial. E non cantan mal, probei unha pequeniña canción africana e foi bastante ben.
Ten boa pinta este grupo, ó ser poucos creo que imos aprender todos moitas cousas, tanto eles coma min. A ver se pronto vos ensino algunha foto para que os coñezades.
Dende alí voltei andando para casa con dúas das rapazas do curso, Eugenia e Marbely; a primeira está no segundo ano de carreira (becada por “Calli-Tanday”) facendo algo de administración e banca e a segunda está en segundo ano de secundaria. Fomos falando todo o camiño e tiñan curiosidade por saber cousas de España e falamos das mulleres aquí e alí; cando lles dixen a miña idade fixeron as dúas “iiiiiiihh…” (o “i” aspirado) que é algo moi habitual nas formas de expresión nicas para a sorpresa (lémbrame a Bouba, para quen a coñezades, ela facía igual); a maior botábame 25, qué ben! Claro, preguntáronme que se estaba casada ou tiña fillos e comentaban que as nicas é normal que moi moi moi noviñas xa teñan líos dese tipo, pero xa dende ó mellor os 14-15 anos.
Había ás 6 clase de baile pero como me mollara tanto preferín vir á casa e deixar o suor da danza para outro momento.
Ó chegar fun ó cíber. E lembrade ó señor do cíber co que mantiven aquela conversación estrana da outra vez? Pois debe estar preocupado pola miña espiritualidade, digo eu; a conversa de hoxe comezou así…
Señor do cíber: “Y digo yo, es usted la misma?”
Eu: “Sí, claro, la misma de todos estes días” (eu tonta de min, entendín outra cousa, se era a mesma “rapaza física” de sempre)
Señor: “No ha cambiado nada en usted?”
Eu: (olliplática) “No, creo que no”
Señor: “Quiero decir, sigue usted estando tan buena?” (evidentemente referíase á miña bondade de alma)
Eu: “Mire, es que no sé qué contestarle, yo sólo quería usar internet”
Brevemente, aí rematou todo porque por fin apareceu unha máquina libre para min que senón… bautízame alí mesmo!
Aquí hai moitísima influencia da relixión (de tódalas que se profesan, católicos, evanxelistas, testigos, mormóns…), alá onde mires hai nomes de locais relacionados con isto ou frases alusivas pintadas en muros e paredes; e a partir de certa hora do día atopas predicadores celebrando as súas reunións en pequenos garaxes ou baixos nas diferentes rúas. Lémbranme ós famosos predicadores americanos. Pero paralelamente hai grandes festas paganas, de feito a do 7 de decembro (que creo que é impresionante) ten esa orixe.
Ceei e estiven a sacarlle fotos a Yasir mentras ceaba os seus cereais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario