Algo é algo (19 de outubro)


Ía ir de excursión cos nenos de “Salomón de la Selva” ó volcán Masaya pero repasando as citas cos posibles patrocinadores decateime de que hoxe luns tiña que ver a uns cantos, así que abortei a viaxe… Unha mágoa, sobre todo despois de que a mañá fose pouco fructífera: non estaba o xerente cando me fixeran ir porque supostamente estaría nese momento, ou porque xa terían unha resposta sobre a proposta de donación e iso tampouco pasaba… Din bastantes voltas. Mentras agardaba que chegase a hora das citas aprobeitei e fun ó mercado: encántame pasear entre os postos e ver á xente que vende as mercancías nestes e os que levan o seu postiño ambulante de rosquillas, ou mamonchinos, prátanos, limóns…colocadiños en cestas colocadas á súa vez sobre carretiñas pequenas, e van berrando “maní maní maní!” (no caso de vender cacahuetes) ou “tooortilla” cun pequeno glisando ascendente na primeira sílaba e certa nasalidade na voz (pero a tortilla de aquí é como unha folla de pan de pita, algo parecido).
Encántame ir ó mercado.

Despois de reunirme con Óscar e Quelo, falar do concerto e demais, fun comer a casa e descansar. Á tarde quedara con dúas empresas antes das 3.30 e a esa hora tiña que ir onde Quelo á escoliña “Yo puedo” e despois de 4.30 a 6 á casa comunal “Calli-Tanday” onde hoxe comezaba o meu obradoiro de percusión corporal e música en xeral. Tiña xa ganas, xa.
Como tiña que pasar por dúas empresas coas que quedara pola mañá e non puidera ser, voltei antes das 3.30 e ben! Os do Hotel Condominio (menudo hoteliño... Á verdade é que resulta cando menos chocante ver eses lugares con piscina no patio, boísimas instalacións...e as casiñas de bloques pintadas de colores arredor) déronnos 100 córdobas e os da empresa Paxeos (que fan traslados a turistas e tours a lugares de interese, ben máis caro que o bus regular nica) 20 dólares. Algo é algo.


En "Calli-Tanday" atendín a 5 rapaces e dúas rapazas xa maiores (bueno, agás unha das nenas cun nome que non consigo lembrar…), faltaban dúas nenas, creo. Estaba un pouco nerviosa porque creo que non traballan ese tipo de contidos ou actividades e non sabía ata qué punto conseguiría enganchalos. Ó rematar pregunteilles e dixéronme que sí lles gustara, cando menos creo que quedaron un pouquiño curiosos e sorprendidos. Mañá repito, a ver se vai ben tamén.
Ah, mentras estabamos na clase apareceu unha furgoneta pola rúa que levaba un aparello que ía expulsando un gas apuntando directamente ás casas e ese gas entrou na aula onde estabamos. Nada agradable. Fabián díxome que era para matar os zancudos, “por la influenza”.

Voltei para casa pasando polo supermercado La Colonia, para mercar un par de cousas de camiño á casa. E ó saír, pouco despois de montar na bici alá ó lonxe víanse relámpagos que ás veces simplemente quedan en iso, nas luces que desprenden porque non chegan a estoupar no ruído; hoxe estouparon un pouquiño tan só pero o que sí estoupou foi a chuvia enriba de min… Aínda me empapei un pouco ata a chegar á casa, supoño que algún día tiña que coincidir.






No hay comentarios: