Para Bea, ela sabe por qué (5 novembro)

Esta mañá tocoume ir ó banco con Oscar para ingresar unha recaudación moi importante para o proxecto de Ritmo en los Barrios. Algúns xa imaxinaredes a cal me refiro. GRACIAS!

Ás nove e media estabamos diante do banco. Eu non estou estes días en perfecto estado de saúde, é simplemente un resfriado; agora xa estou mellor. Todo veu a raíz de durmir o luns pola noite co ventilador posto e en realidade non facía calor e cando me decatei estaba na cama moqueando. Ó día seguinte amanecín bastante conxestionada, unido ó descenso en bici dende o Tepeyac dándome o sol no cogote… non fixen moi boa combinación e Voilá! Un pequeño catarriño, nada grave.
O caso é que hoxe á mañá non andaba ó cen por cen e Óscar deume permiso para quedar na casa descansando en vez de voltar a “Salomón”, non fora ser que en vez de remitir isto vaia a máis.

Fun avisar a Giuseppe para que non me agardara e voltei para casa. Adiquei o resto do día a ler unha das novelas que merquei fai pouco.
Unha vez que a auga voltou (houbo un corte ata despois do mediodía, máis ou menos) freguei os pratos acumulados no lavadoiro mentras a Luísa durmía.
Xa máis tarde fun buscar a bici destartalada que pedín prestada para Beta e que deixara no taller; ía agardar por Celina para que me acompañara buscala pero parecíame que ía chover así que decidín ir eu soa.
Collín cartos imaxinando que quizais me costara máis de 200 córdobas e a partires de aquí adico esta historia a Bea (lembras o do amaño da túa bicicleta…?): na miña bici houbo que amañar un “punchazo”, os frenos que estaba frouxos, cambialo eixe da roda de atrás e mais poñerlle a pata de cabra; á de Beta practicamente houbo que facerlle unha cirurxía completa, as dúas rodas “punchadas”, os pedais case soltos, a cadea nova e mais engrasado dos pratos e cambio do selector de marchas, estaba roto, e por suposto limpouna porque viña cun “pouco” de morralla a burriña de tanto tempo aparcada. Creo iso foi todo.
Canto credes que me costaron estas pequenas reparacións?
En total foron 110 córdobas! (ou sexa, pouco máis de tres euros!!!)
Xa ves, Beíña, que llo digan a aquel tipo de Coruña…

De volta en casa estiven de charleta coa Luísa, contoume moitas cousas da súa historia familiar. Dura.




4 comentarios:

Beíña dijo...

¡¡¡¡Joder!!!! Casi me habría salido más barato mandar la bici a Nicaragua y que me la arreglasen ahí! jajajaja.
Gracias por la dedicatoria, ruliña.

¡¡¡E moitas felicidades, cumpleañera!!!

Muá*

Anónimo dijo...

Ola Belén. Levamos uns dias seguindo o teu blog e ríndonos un pouco. Quique está emocionado con eso de que vaiades dar un concerto con Carlos Mejía Godoy (onte á hora de comer púxome "Juan Tiradora" e casi choramos os dous!!), así que que vos saia ben!! Bicos dende Vilagarcía. María e Quique

Crazydiamond dijo...

Ola Belén!
Non sabes o enganchada que estou ó teu blog e estou desexando saber que novas sorpresas nos contas na próxima. Encántame saber que estás ben e ler sobre a túa aventura en Nicaragua. Non quero ser pelota, pero eres ADMIRABLE!
Un gran saudo de "El del medio de los Chichos"... (adiviña)

lupe dijo...

Espero que te mellores dese resfriado!!